Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9449

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 2041/2018).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 2041/2018 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Juste Oya contra Lemos Romero, S.L., Canteras Vilafría, S.L., Grisvila, S.L, Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Generali España de Seguros y Reaseguros, Dionisio Carracedo Rodríguez, Balbino Ramírez González, Canteras Fernández Oya, S.L., Grispérez, S.L., Enrique Iglesias Cortaverri, Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Fernández Rodríguez, S.L., Gravas de Atios, S.A. sobre outros dereitos. seg. social, foi ditada por esta sala, no 24 de xaneiro de 2019, a seguinte resolución:

«O anterior escrito, subscrito polo letrado Alfredo Briales de Porcioles, en representación de José Manuel Juste Oya, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala, e emprácense as demais partes para compareceren por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Emprácese Grisvila, S.L., Gravas de Atios, S.A. e Granitos Fernández Rodríguez, S.L. a través do Diario Oficial de Galicia (DOG).

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 5 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grisvila, S.L., Gravas de Atios, S.A. e Granitos Fernández Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza