Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9420

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de decembro de 2018 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

No artigo 11.1.c), parágrafo segundo, do anexo I, onde di: «No caso de que se recollan melloras como criterio de adxudicación, estas deberán estar suficientemente especificadas, nos termos previstos no artigo 145.7 da Lei 9/2007. No suposto de que as melloras incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares non respecten o disposto no citado artigo, aplicarase un desconto sobre a axuda que se deberá pagar equivalente ao valor das melloras ofertadas polo contratista», debe dicir: «No caso de que se recollan melloras como criterio de adxudicación, estas deberán estar suficientemente especificadas, nos termos previstos no artigo 145.7 da Lei 9/2017. No suposto de que as melloras incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares non respecten o disposto no citado artigo, aplicarase un desconto sobre a axuda que se deberá pagar equivalente ao valor das melloras ofertadas polo contratista».