Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9434

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019 pola que se dá publicidade do encargo a Tragsatec, ordenado pola Resolución do conselleiro de Economía, Emprego e Industria do 25 de xaneiro de 2019 para a realización de tarefas de apoio na xestión do Plan Reforma-Tur 19.

En cumprimento do artigo 9.3 e 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a dar publicidade ao encargo a Tragsatec, ordenado pola Resolución do conselleiro de Economía, Emprego e Industria do 25 de xaneiro de 2019 para a realización de tarefas de xestión do Plan Reforma-Tur 19.

1. A actividade obxecto de encargo é a realización de labores de apoio na xestión e tramitación dos expedientes que se presenten ao abeiro do novo programa de axudas do Plan Reforma-Tur 19.

2. Tragsatec cumpre cos requisitos establecidos nos artigos 6 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP), por disposición expresa do establecido na disposición adicional vixésimo quinta do mesmo texto legal, tendo a consideración de medio propio instrumental das comunidades autónomas e poderes adxudicadores dela dependentes como é o caso de Igape, e está obrigada a realizar, con carácter exclusivo, os traballos que estas lles encarguen na consecución dos seus obxectivos de interese público, nas materias sinaladas no número 2 da disposición adicional 24ª da LCSP.

A relación de Tragsatec coa Consellería de Economía, Emprego e Industria-Igape ten natureza instrumental e non contractual, sendo de carácter interno, independente e subordinado, tal como resulta do artigo 2 do Real decreto 1072/2010, do 20 de agosto, polo que se desenvolve o réxime xurídico da Empresa de Transformación Agraria, S.A. e das súas filiais.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, na súa condición de órgano competente e promotor das actuacións, exercerá en todo momento o control da execución do encargo, o cal non supón cesión de titularidade da competencia nin dos elementos substantivos do seu exercicio, sendo responsabilidade do órgano que ordena o encargo, ditar os actos e as resolucións que dean soporte ás tarefas materiais obxecto do encargo.

Tragsatec actuará no desenvolvemento das actuacións obxecto de encomenda en calidade de entidade colaboradora na xestión de axudas públicas do Igape, ao prestar apoio na xestión do Plan Reforma-Tur 19 , nos termos regulados no artigo 9, 12 e concordantes da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e sen que esta colaboración esténdase á entrega e distribución de fondos.

3. O prazo de execución dos traballos comezará coa orde de encargo dos traballos e estenderase ata o 30.9.2019, e poderá prorrogarse dous meses en caso de persistencia da necesidade do encargo.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019

Juan M. Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica