Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (570/2018).

Procedemento ordinario (PO) 570/2018

Sobre: ordinario

Demandante: Lucía Freitas Landín

Avogado: Xavier Isasi Castro

Demandados: Fogasa e Abarrotes Gourmet, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa, (…)

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Lucía Freitas Landín contra Abarrotes Gourmet, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 570/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Abarrotes Gourmet, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 20 de xuño de 2019, ás 10.50 e 10.55 horas, na planta -1, sala 6, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Abarrotes Gourmet, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza