Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9685

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1192/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1192/2015 por instancia de Mónica Bao Jiménez contra as empresas Edificaciones y Reformas Hermanos Rieiro, S.L. e Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U., sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 24 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Mónica Bao Jiménez contra as empresas Edificaciones y Reformas Hermanos Rieiro, S.L. e Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U., e en consecuencia:

– Condénanse as empresas Edificaciones y Reformas Hermanos Rieiro, S.L. e Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U., a aboarlle solidariamente á demandante a cantidade de mil cincocentos trinta e un euros con cincuenta e seis céntimos (1.531,56 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza