Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (697/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 697/2015 por instancia de Jesús Maniviesa Coira e Manuel José Míguez Allegue contra a empresa Servicios y Mantenimientos 2013, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 22 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Jesús Maniviesa Coira e Manuel José Míguez Allegue contra a empresa Servicios y Mantenimientos 2013, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Servicios y Mantenimientos 2013, S.L. a aboarlle a Jesús Maniviesa Coira a cantidade de vinte e un mil oitenta e dous euros con vinte e un céntimos de euro (21.082,21 euros).

– Condénase a empresa Servicios y Mantenimientos 2013, S.L. a aboarlle a Manuel José Míguez Allegue a cantidade de vinte e un mil oitenta e dous euros con vinte e un céntimos de euro (21.082,21 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Servicios y Mantenimientos 2013, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza