Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10114

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (193/2017).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de divorcio contencioso número 193/2017 deste xulgado de primeira instancia, seguido por instancia de Marilene das Graças Basilio Gomes contra Manuel Alejandro Cabrera, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución:

Estimo a demanda presentada pola procuradora María Mercedes Pereiro Domínguez, en nome e representación de Marilene das Graças Basilio Gomes, contra Manuel Alejandro Cabrera, en rebeldía procesual e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 25 de marzo de 2011, inscrito no tomo 123, páxina 253, da Sección Segunda do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que tal declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgasen. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

Todo isto sen facer expresa imposición das custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Pontevedra.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, as que se advirte de que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Alejandro Cabrera, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza