Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10115

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (584/2017).

Procedemento ordinario 584 /2017

Sobre ordinario

Demandante: José Pose Vieites

Avogada: María del Mar Rodríguez López

Demandados: Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L., Neira y Ferreiro, S.L.U., Fogasa

Avogado: letrado de Fogasa

Edicto

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 584/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Pose Vieites contra a empresa Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L., Neira y Ferreiro, S.L.U., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido

Que estimando integramente a demanda interposta por José Pose Vieites, contra Gacaltec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Neira y Ferreira, S.L.U. e Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, debo condenar e condeno os demandados, de forma solidaria, a aboarlle ao demandante a suma de 12.058,59 euros polos conceptos indicados no feito probado sexto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, e deberá estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselle ás partes esta resolución e fagáselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L., Neira y Ferreiro, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advirtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza