Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2019, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación das bases de reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín-Pontevedra) que, con data do 22 de xaneiro de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Despois de emitir informe favorable o Comité Técnico Asesor a documentación integrante das bases de reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín-Pontevedra), e á vista do informe do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias, oída a Xunta Local da zona, ao abeiro do disposto polo artigo 26 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, polo presente acto apróbanse as bases de reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín-Pontevedra).

O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial desta Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2019

Mª José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra