Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1387/2018-PPM e once máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-1387/2018-PPM e once máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 4 de febreiro de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1387/2018-PPM

54151258N

Inicio

O Portiño, 34, A Coruña

PSC-CO-1407/2018-PPM

76965595M

Inicio

A Madanela, 52, Boiro

PSC-CO-0001/2019-PPM

76779508B

Inicio

Runs, 22, Boiro

PSC-CO-0002/2019-PPM

52938259X

Inicio

Ferreiros, 75, Boiro

PSC-CO-0006/2019-PPM

76346372B

Inicio

Rúa dos Condes, 19, Corme, Ponteceso

PSC-CO-0021/2019-PPM

52931392C

Inicio

A Cerca, 7, baixo B, Aguiño, Ribeira

PSC-CO-0032/2019-PPM

32449577G

Inicio

Alcalde Jaime Hervada, 17, 1º, A Coruña

PSC-CO-0038/2019-PPM

52938137A

Inicio

Praza Valle Inclán, 3, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-0053/2019-PPM

52454749Y

Inicio

Fernández Mato, 1, 2º B, Boiro

PSC-CO-0062/2019-PPM

47373659F

Inicio

O Portiño, 30, baixo, A Coruña

PSC-CO-0077/2019-PPM

47435871G

Inicio

Centolo, 12, 2º, Fisterra

PSC-CO-0099/2019-PPM

53485439C

Inicio

A Angustia, 49, A Pobra do Caramiñal