Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10246

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de tres encomendas de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2019 e 2020.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:

1. Resolución do 14 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun servizo de asesoramento económico para as axudas solicitadas a través das medidas 4.1.2 e 4.1.3 do Fondo Marítimo e de Pesca (en diante, FEMP), anualidade 2019. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de apoio na xestión do denominado «Desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020», proporcionando asesoramento económico na xestión das solicitudes de axuda presentadas a través das medidas 4.1.2 e 4.1.3 do FEMP.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2019.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 e con código de proxecto 2016 00287. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

2. Resolución do 11 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización, dun servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2019. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2019, mediante a atención, filtrado, priorización e canalización dos avisos recibidos, de conformidade co disposto no prego de condicións técnicas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2019.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 15.01.541C.604.1, e con código de proxecto 2011 00867.

3. Resolución do 14 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización, dos traballos de apoio técnico para o seguimento da política pesqueira común e información da acción do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: consiste en que un técnico con coñecemento interno das institucións europeas, dos seus procedementos decisorios e organizativos, estea en posición de poder informar e asesorar a Consellería do Mar sobre calquera cuestión que se suscite en materia pesqueira e o seu desenvolvemento nas institucións comunitarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2020.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 15.01.721A.640.2, e con código de proxecto 2016 00324

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar