Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10249

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, a data, a hora e o lugar de realización das probas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e no punto sétimo da Resolución do 29 de outubro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 212, do 7 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 29 de outubro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 212, do 7 de novembro).

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

• Composición do tribunal cualificador.

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

– Tribunal titular:

Presidenta: Mónica María Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Ana Purificación Otero Ferreiro.

Jesús Lata Buceta.

Constantino Grandío Rivas.

– Tribunal suplente:

Presidente: Ramón Quiroga Limia.

Secretario: Ramón Freire Priegue.

Vogais:

Fernández López, José Antonio.

José Ramón Viñas Diz.

Marco Antonio Freire Serén.

2. O réxime xurídico aplicable ao tribunal calificador será o que establece para os órganos colexiados a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

• Desenvolvemento das probas:

Convócanse os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 23 de febreiro de 2019, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba de coñecementos: ás 12.00 horas.

Proba psicolóxica: ás 13.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 11 de febreiro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos e nome

Clave

Barcala Ponte, Erik

3

Díaz Gómez, Miguel

2

García Mallo, Juan Manuel

1

Gutiérrez Roma, José Vicente

1

López Carril, Carlos

1

Mayo Casas, Juan José

2

Ramos Gómez, César

1

Santana Diéguez, Manuel

1

Santos Quintás, Diego

3

Santos Rodríguez, Kevin

1

Sobral Espiño, Diego

3

Sobral Pérez, Cristian

1

Código

Descrición

1

Debe solicitar o seu certificado de penais de maneira presencial

2

Non achega fotografías tamaño carné

3

Debe presentar documentación acreditativa da exención do pagamento