Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10398

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas (PEI) para dous equipamentos públicos no concello do Grove (expediente 434/2016).

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 28 de xaneiro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Estimar parcialmente a única alegación presentada o 29 de novembro de 2016 (número 6936) con base nos informes de secretaría emitidos e aprobar definitivamente o PEI para a construción de dous equipamentos públicos no Concello do Grove, redactado polo arquitecto José Antonio Comesaña García.

Segundo. Publicar este acordo no prazo dun mes desde a súa adopción no DOG, indicando as medidas adoptadas para o seu seguimento en relación cos efectos ambientais; o enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do PEI é o seguinte:
www.concellodogrove.es/pxom.php

Terceiro. Inscribir o PEI no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia unha vez publicado o acordo no DOG e proceder posteriormente á súa publicación íntegra no BOP de Pontevedra e no Portal de transparencia deste concello».

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 7.e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, publicarase o seu contido íntegro no Portal de transparencia vinculado a esta Administración local
(https://concellodogrove.sedelectronica.gal/transparency).

O Grove, 30 de xaneiro de 2019

José Antonio Cacabelos Rico
Alcalde