Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10396

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de dotacións para equipamento sanitario asistencial (residencia da terceira idade) na zona da Estación, no concello de Arbo.

Por Acordo da Xunta de Goberno local do 2 de xullo de 2018 aprobouse inicialmente o Plan especial de dotacións para equipamento sanitario asistencial (residencia da terceira idade) na zona da Estación do concello de Arbo, promovido polo Concello de Arbo segundo o documento redactado polo arquitecto asesor municipal Teodoro de Francisco Antes en xuño de 2018, ao recoller xa as exixencias fixadas no informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 12 de xuño de 2018 sobre a base do documento elaborado polo mesmo técnico en xuño de 2017.

De acordo co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da citada lei, sométese o expediente administrativo ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra, así como no portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Arbo, a que se pode acceder a través da páxina web www.concellodearbo.es

Durante o dito prazo, que comezará a contar desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente administrativo quedará á disposición de calquera que desexe examinalo nas oficinas municipais do Concello de Arbo, así como no portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Arbo, a que se pode acceder a través da páxina web www.concellodearbo.es, para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas.

Igualmente, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do plan especial.

De acordo co disposto no artigo 47 da Lei /2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de edificación e demolición en todo o ámbito do plan especial.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Darase cumprimento ao resto de trámites legalmente exixidos para acadar a aprobación definitiva do plan especial.

Arbo, 4 de xullo de 2018

Horacio Gil Expósito
Alcalde