De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude, esta dirección xeral
RESOLVE:
Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2018, e que figuran como anexo nesta resolución.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
– Finalidade: axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.
– Partida orzamentaria: 13.03.713D.770.0, financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).
– Beneficiarios e axudas concedidas:
|
Beneficiario |
Axuda concedida (€) |
|
A Portela S.A.T. nº 523 |
7.555,60 |
|
Adega Terra de Asorei, S.L. |
7.555,00 |
|
Adegas Castrobrey, S.L. |
1.767,99 |
|
Adegas e Viñedos Vía Romana, S.L. |
5.949,95 |
|
Adegas Valmiñor, S.L. |
70.492,50 |
|
Agro de Bazán, S.A. |
47.329,01 |
|
Asociación Wines From Galicia |
17.512,23 |
|
Attis Bodegas y Viñedos, S.L. |
21.762,00 |
|
Bodegas As Laxas, S.A. |
7.555,60 |
|
Bodegas Eidosela, S.C.G. |
16.225,00 |
|
Bodegas Fillaboa, S.A. |
33.302,48 |
|
Bodegas Martín Códax, S.A.U. |
132.344,00 |
|
Bodegas Milenium, S.L. |
36.026,98 |
|
Bodegas Terras Gauda, S.A. |
121.266,50 |
|
Bouza do Rei, S.A.T. |
9.555,00 |
|
C.R.D.O. Rías Baixas |
198.852,75 |
|
Corzo Rodríguez, Manuel |
2.772,50 |
|
Godeval, S.L. |
7.896,94 |
|
Grupo Gallego Valei, S.L.U. |
15.549,75 |
|
HGA Bodegas y Viñedos de Altura, S.L. |
25.553,68 |
|
Lagar de Besada, S.L. |
6.554,00 |
|
Mar de Envero, S.L. |
2.025,00 |
|
Pazo Pondal, S.L. |
89.046,70 |
|
Viñas e Adegas Galegas, S.L. |
55.209,96 |
|
Virxe de Galir, S.L. |
53.881,56 |


