Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10429

I. Disposicións xerais

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2019 pola que se dispón a publicación da modificación do Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento, na reunión do día 11 de febreiro de 2019, ao abeiro do disposto no artigo 30.1.2 do Regulamento do Parlamento de Galicia, acordou modificar o Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia.

Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 11 de febreiro de 2019,
polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento
da Administración do Parlamento de Galicia

A Mesa do Parlamento de Galicia, en sesión do 11 de febreiro de 2019, ao abeiro do disposto no artigo 30.1.2 do Regulamento do Parlamento de Galicia, dispón:

Artigo único. Modificación do Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia

Engádese unha alínea 4 ao artigo 31 do Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia (DOG núm. 87, do 7 de maio de 2018) coa seguinte redacción:

«4. As persoas usuarias dos dispositivos portátiles telefónicos e informáticos da Cámara poderán, coa finalidade de garantir a reserva dos seus datos de carácter persoal, adquirilos previa taxación pericial do seu valor».

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta modificación publicarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.