Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10702

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

Advertido erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 31, do 13 de febreiro de 2019, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 9145, no artigo 15.4, onde di: «Presentar a renuncia ás axudas fóra do devandito prazo suporá que a empresa non poderá solicitar axudas para os investimentos recollidos nesta resolución nas dúas seguintes convocatorias.», debe dicir: «Presentar a renuncia ás axudas fóra do devandito prazo ou non presentar a renuncia nos casos de inexecución total do investimento subvencionado suporá que a empresa non poderá solicitar axudas para os investimentos recollidos nesta resolución nas dúas seguintes convocatorias».