Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 244/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 244/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Cambón Pena contra Candal Bouzal, S.L., Fondo de Garantía Salarial, José Antonio Candal Bouzas, O Lagar de José, S.L., O Pote de Santa Cruz, S.L., sobre procedemento ordinario, ditouse a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva di:

Decido

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Carmen Cambón Pena contra José Antonio Candal Bouzas, ao que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Carmen Cambón Pena contra as entidades Candal Bouzal, S.L., O Lagar de José, S.L., e O Pote de Santa Cruz, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente ás entidades Candal Bouzal, S.L., O Lagar de José, S.L., e O Pote de Santa Cruz, S.L., a que aboen ao demandante a cantidade de 4.754,07 € brutos en concepto salarios devindicados entre outubro e decembro de 2017, ambos incluídos, e a compensación económica polas vacacións non gozadas no ano 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e fagáselles saber o seu dereito para interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Candal Bouzal, S.L., O Pote de Santa Cruz, S.L. e a José Antonio Candal Bouzas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza