Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11107

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a Resolución CM 7/2019, da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos de supervisor/a de unidade no ámbito de atención hospitalaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Xestión Integrada de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, varios postos de supervisor/a de unidade no ámbito de atención hospitalaria, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberanse presentar en calquera dos rexistros de entrada da Xestión Integrada de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 25 de xaneiro de 2019

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación dos postos:

1. Supervisora da Unidade de Hospitalización de Medicina Interna-Coidados Paliativos.

2. Supervisora da Unidade de Hospitalización de Medicina Interna-Pluripatolóxicos.

3. Supervisora da Unidade de Hospitalización de Dixestivo e Cirurxía Xeral e Dixestiva.

Procedemento da provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 3.