Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11109

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (CM-01/2018, do 3 de setembro) para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade de Quirófanos.

Convocada mediante a Resolución CM-01/2018, do 3 de setembro (DOG núm. 187, do 1 de outubro), a provisión dun posto de supervisor/a da Unidade de Quirófanos, polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia de xestión integrada, á vista das solicitudes e dos méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol; Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da Unidade de Quirófanos, realizada mediante a Resolución CM-01/2018, do 3 de setembro (DOG núm. 187, do 1 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 30 de xaneiro de 2019

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: supervisor/a da Unidade de Quirófanos.

Nome e apelidos: Amaya Martín Pérez.

DNI: *****342Q.