Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11130

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 236/2018).

Execución de títulos xudiciais 236/2018

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 715/2017

Sobre despedimento

Demandante: Juan Evaristo Rodríguez Enjamio

Avogado: María Laura López Nieto

Demandados: Fogasa, Aparcamientos Labacolla, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 236/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Evaristo Rodríguez Enjamio, contra a empresa Aparcamientos Labacolla, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto en data 1 de febreiro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Aparcamientos Labacolla, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 38.836,36 euros en concepto de principal (19.683,15 euros de indemnización + 17.841,60 euros de salarios de tramitación + 1.311,61 euros de cantidades debidas), máis 3.883,63 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no ibro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens da executada.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nestas actuacións.

Notifíqueselle ás partes e a Aparcamientos Labacolla, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano judicial, as partes ou interesados e, de ser ocaso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación con el tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para impugnar, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0236 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0236 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da ouficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Aparcamientos Labacolla, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza