Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11063

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 5 de febreiro de 2019 pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O 8 de abril de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 67, a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A Orde do 1 de abril de 2016 regula no anexo I os prezos exixibles pola prestación de servizos e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.

O punto A.2 deste anexo I establece os prezos aplicables durante a Campaña de verán ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en campamentos (A.2.1) e en albergues (A.2.2).

As tarifas para as actividades están sinaladas para quendas de doce e de oito días, cando as actividades da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ás que resultan de aplicación os citados prezos non sempre se axustan a esta duración.

En consecuencia, faise necesario fixar un prezo por día de actividade que resulte aplicable con independencia da súa duración e procede, polo tanto, modificar a Orde do 1 de abril de 2016 no devandito punto A.2 do anexo I, nos seus puntos 1 e 2.

Por iso, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Os puntos A.2.1. Campamentos e A.2.2. Albergues, do punto A.2 do anexo I da Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quedan redactados da seguinte maneira:

«A.2.1. Campamentos:

Tarifa en euros

Actividades náuticas

Por día .......................................................................................................................... 17,25

Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas

Por día ..........................................................................................................................14,67

Actividades turístico-deportivas

Por día .......................................................................................................................... 17,25

A.2.2. Albergues:

Tarifa en euros

Actividades náuticas

Por día ..........................................................................................................................19,33

Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas

Por día ............................................................................................................................ 18,5

Actividades turístico-deportivas

Por día ........................................................................................................................18,5 ».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social