Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (961/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 961/2016 deste xulgado do social, contra a empresa Caña Aquí, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Sentenza:

A Coruña, 30 de xaneiro de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co núm. 961/2016 sendo parte neste, dun lado como demandante Raúl Porras Ortigosa, asistido polo letrado Ricardo López Mosteiro e como demandado Caña Aquí, S.L., e Fogasa que non comparecen a pesar de estar citados en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decisión:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Raúl Porras Ortigosa, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Caña Aquí, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 7.911,95 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuros por demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra a ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. Esténdoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que, na mesma data da sentenza, deposítase na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Caña Aquí, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente sentenza para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza