Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11113

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO de notificación de sentenza (351/2018).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra,

Polo presente edicto fago constar que na peza de apelación 351/2018, dimanante de procedemento ordinario 758/16 do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, esta sección pronunciou sentenza no 28 de decembro de 2018 que desestima o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Barreiro Viñas en representación de Jesús F.A. contra a sentenza ditada en primeira instancia, sendo apelado Bernardino Michelena Ojea, cuxo texto íntegro está nesta secretaría ao dispor dos interesados.

Contra a sentenza pronunciada en apelación cabe interpor recurso de casación por interese casacional ou, se for o caso, extraordinario por infracción procesual, no prazo dos 20 días hábiles seguintes á notificación, por medio de escrito con sinatura de letrado e procurador que se presentará ante esta sección.

Para que conste e se publique no DOG, a fin de que sirva de notificación a Bernardino Michelena Ojea, cuxo domicilio se descoñece, expido este edicto

Vigo, 4 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza