Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11234

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefatura de unidade de atención primaria).

Convocada pola Resolución do 23 de novembro de 2018 (DOG núm. 241, do 19 de decembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefatura de unidade de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefatura de unidade de atención primaria), anunciado pola Resolución do 23 de novembro de 2018 (DOG núm. 241, do 19 de decembro).

Segundo. Declarar deserto o posto convocado.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 1 de febreiro de 2019

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo