No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:
Peza: 441/2010
Procedemento de orixe: xuízo ordinario número 835/2005
Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 1 de Ferrol
Deliberación o día: 13 de decembro de 2011
A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, en nome do rei, a seguinte:
«Sentenza 483/2011.
Maxistrados: Julio Tasende Calvo, Dámaso Brañas Santa María, María del Carmen Vilariño López.
A Coruña, 15 de decembro de 2011.
No recurso de apelación civil número 441/2010, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, en xuízo ordinario número 835/2005, sendo a contía do procedemento 5.722,71 euros, seguido entre partes, como apelante, Allianz Seguros y Reaseguros, S.A., representada polo procurador Sr. Pérez Lizarriturri, e como apelados, Construcciones y Reformas Gescón, S.L., Miguel Ibáñez Romero e Yesocor, S.A. É relator Julio Tasende Calvo.
(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).
Resolución.
Desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Allianz Seguros y Reaseguros, S.A. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, nos autos número 835/2005, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución, con imposición das custas desta alzada á parte apelante.
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Miguel Ibáñez Romero e Yesocor, S.A., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.
A Coruña, 6 de febreiro de 2019
A letrada da Administración de xustiza