Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11237

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (353/2017).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do seguinte tenor literal:

«Sentenza

Pontevedra, 3 de decembro de 2018.

Vistos por Manuel Marquina Álvarez, maxistrado titular do Xulgado do Mercantil número 1 dos desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario número 353/2017, seguidos por iniciativa de Rafael Luque Guzmán, representado polo procurador Sr. Gómez Feijoo e asistido polo letrado Sr. González Cuenca, fronte a María Carmen Fuentes Barreiro e Felipe Vázquez Fuentes, rebeldes»

«Resolución

Estímase integramente a demanda interposta por Rafael Luque Guzmán contra María Carmen Fuentes Barreiro e Felipe Vázquez Fuentes, e condénanse os demandados a aboar de maneira solidaria ao demandante a cantidade de 9.993,21 euros, máis o xuro legal computable desde o 19 de decembro de 2017, así como ao pagamento das custas do proceso.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos que se recorre, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. De acordo coa disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, as partes, para poderen presentar o recurso terán que consignar a cantidade de 50 euros na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander. Están exentos desta obrigación os titulares do dereito á xustiza gratuíta.

Notifíquese esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Felipe Vázquez Fuentes e María Carmen Fuentes Barreiro, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 12 de decembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza