Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11197

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN315A).

Mediante a Orde do 15 de marzo de 2018, a Consellería de Economía, Emprego e Industria estableceu as bases para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e procedeuse á súa convocatoria para o año 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 23.1 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvenciones indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.734A.781.0 ao abeiro da Orde do 15 de marzo de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN315A).

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG nº 131, do 12 de xullo)
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Subvencións para o fomento do sector mineiro galego

Beneficiario

NIF

Actuación

Axuda concedida

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Fomento das boas prácticas ergonómicas no sector mineiro

30.832,13

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Creación de unidades didácticas sobre minaría para nenos

43.761,12

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Estatísticas de seguridade e saúde

21.595,70

Asociación Galega de Áridos

G36345718

V Congreso Nacional de Áridos

22.211,58

Asociación Galega de Áridos

G36345718

Elaboración 2º número de «Os áridos, un día na canteira con Lagartiño»

25.884,11

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Roteiro xeolóxico mineiro de Galicia

47.048,04

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Plan de autoprotección

31.074,13

Clúster da Pizarra de Galicia

G32405979

Fomento da biodiversidade compatible coa actividade mineira nas explotacións de lousa

77.760,98

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Plan de comunicación dixital da minaría de Galicia

47.539,77

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Patrimonio mineiro

39.627,98

Asociación Gallega de Empresas de Envasado de Agua Mineral Natural

G70290515

Campaña Auga mineral natural recurso mineiro de Galicia

53.337,35

Fundación Centro Tecnolóxico da Lousa de Galicia

G32256257

Caracterización tecnolóxica das lousas galegas como material para outras aplicacións

44.731,76

Asociación Galega de Áridos

G36345718

Elaboración documental áreas e minaría galegos

47.757,91

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G36346203

Campaña de imaxe da minaría ornamental en Galicia

55.919,59

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G36346203

Catálogo de granitos de Galicia

66.783,04

Fundación Cupa

G32458713

Deseño dun sistema colaborativo de axuda ao operario na produción de pedra natural

96.368,80

Asociación Galega de Áridos

G36345718

Implantación política cero accidentes nas empresas de areas de Galicia

37.806,15

Universidade da Coruña

Q6550005J

Avaliación directa do potencial xeotérmico das rochas da Coruña e Vigo a partir de datos directos

16.018,28

Asociación Gallega de la Propiedad Balnearia

G15079619

Divulgación e promoción dos balnearios de Galicia

36.734,13

Clúster da Pizarra de Galicia

G32405979

Proxecto de imaxe, promoción e comunicación

46.849,75