Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11199

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra o po no sector mineiro en Galicia e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN317A).

Mediante a Orde do 7 de febreiro de 2018, a Consellería de Economía, Emprego e Industria estableceu as bases para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra o po no sector mineiro en Galicia e convocáronse para o ano 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 23.1 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvenciones indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.734A.770.0 ao abeiro da Orde do 7 de febreiro de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra o po no sector mineiro en Galicia e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN317A).

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG nº 131, do 12 de xullo)
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Subvencións para a loita contra o po no sector mineiro en Galicia

Beneficiario

NIF

Actuación

Axuda concedida (€)

Granitos del Val, S.L.

B32033789

2 cabinas de aspiración con sistema mecánico de filtraxe de po. 2 mesas xiratorias para dirixir o po ás cabinas

29.259,00

Pizarras Gallegas, S.A.

A32006579

Mellora estanquidade en cortadoras. Actuacións en foxo. Filtración aire nave. Captación e filtración de aerosois de serradura. Cabinas individuais de traballo con filtración en postos de serradores

75.864,00

Caolines de Vimianzo, S.A.U.

A15040009

Sistema integral control de emisións (aplicación de cargadores/descargadores de big-bags, encapsulamento, rede de aspiración con filtro de mangas filtrantes). Redacción proxecto de execución

120.869,87

Porredo, S.L.

B32433401

Rede extracción forzada en 5 cortadoras, 8 postos de labrador, mesa de embalaxe e zona de serradura. Cabinado en 2 serras. Sistema humectación por nebulización para operador de pá de exterior

98.042,10

Canteras Fernández, S.L., Elaboración, S. COM.

D32031395

Sistema filtración con tecnoloxía de vangarda. Sistema humectación automatizado. Servizos consultoría

133.422,80

Rocas Maresgra, S.L.

B36587699

Substitución do banqueador e martelo por unha máquina de corte con fío

15.900,00

Granitos del Val, S.L.

B32033789

Substitución e adaptación de martelos hidraúlicos vía seca por 3 martelos vía húmida

25.929,60

Pizarras de Vilarbacú, S.L.

B24238263

Rede de extracción forzada en 7 cortadoras, 10 postos de labrador, mesa de selección e zonas de serradura. 3 cabinados de limpeza de po de sílice

113.962,12

Cubiertas Fidalgo Canteras, S.A.

A32007817

Cabinas con filtración total HEPA en 13 postos de serrador e en pá. Sistemas en vía húmida. Servizos de consultoría

105.515,00

CRC Obras y Servicios, S.L.

B15387855

Capotaxe metálica de fitas transportadoras. Instalación estrutura confinamento da provisión intermedia á saída de trituración. Sistema de lavado de areas con hidrociclón

166.458,92

Grupo de Casayo, S.A.

A32017386

Sistema extracción en cortadoras, postos labrador, mesa embalaxe e zona serradura. 3 cabinados de limpeza de po de sílice

103.645,88

Pizarras Valdacal, S.L.

B32225419

Sistema extracción en cortadoras. Servizo de consultoría probas de funcionamento, etc. Servizos de consultoría determinación plan de investimento para lograr sistema efectivo de control de po

94.010,26

Pizarras Rozadais Elaboración, S.L.

B32372443

Sistema extracción e equipamento de autolimpeza. Sistema extracción individualizada en serras. Servizos consultoría Optimización actuacións. Sistema de extracción para posto de laxador

116.093,60

Pizarras de la Campa, S.L.

B32116873

Sistema extracción en cortadoras automáticas. Servizos de consultoría Optimización de actuacións

94.228,62

Pizarras del Valle, S.L.

B32419764

Sistema extracción forzada nas cortadoras. Sistema de extracción individualizada nas serras. Sistema de humectación da lousa mediante inxectores de auga nebulizada. Servizos de consultoría Optimización de actuacións

134.000,00

Pizarras O Cortello, S.L.

B32007049

Líña de aspiración nas cortadoras. Servizos consultoría Optimización actuacións. Sistema de humectación de lousa mediante inxectores de auga nebulizada

113.812,40

Pizarras Los Tres Cuñados, S.A.

A32006496

Rede de extracción forzada nas cortadoras e achega de aire limpo exterior filtrado. 4 cabinados de limpeza de po de sílice

200.000,00

Canteras Cuarcitas San Clodio, S.L.

B24279549

Casetas de control para os postos de operador. Sistema de nebulización para atomización de auga no ambiente. Cabinado de limpeza de po de sílice

47.054,04