Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11358

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2019 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no ano 2018.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración asinados no ano 2018 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

12.1.2018

Non ten

Portos de Galicia e o Concello do Grove

Addenda ao convenio para a execución e mantemento da beirarrúa en Beiramar no porto do Grove (convenio asinado o 5.6.2017)

2.4.2018

Non ten

Portos de Galicia, Augas de Galicia e o Concello de Rianxo

Actuacións no dominio público portuario para a execución e mantemento das obras do colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo e ampliación da EDAR de Rianxo

11.7.2018

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Poio

Addenda ao convenio para o auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Combarro-Poio no seu conxunto e a ordenación do tráfico na vía de acceso (convenio asinado o 22.5.2017)

20.8.2018

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Addenda ao convenio para a execución das actuacións de remodelación da avenida do Malecón e o paseo das Carolinas no concello de Ribeira (convenio asinado o 8.11.2017)

30.8.2018

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son

Execución, conservación, mantemento das obras do proxecto de acondicionamento do bordo interior de Porto do Son e explotación do edificio de servizos

11.12.2018

3.977.022,27 euros