De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:
– Resolución do 8 de febreiro de 2019, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga), a prestación do servizo de apoio técnico para o desenvolvemento e redacción de procedementos normativos no ámbito da regulación de capturas e de artes, equipos e técnicas para a extracción de recursos mariños.
– Actividade: realización dos traballos de apoio técnico para o desenvolvemento e redacción de procedementos normativos no ámbito da regulación de captura e de artes, equipos e técnicas para a extracción de recursos mariños de conformidade co prego de prescricións técnicas, a memoria e a relación valorada que acompaña á presente encomenda.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
–Prazo de vixencia: desde o 8 de febreiro ata o 8 de agosto do ano 2019.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 15.01.721A.640.2 con código de proxecto 2016 00324.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar