Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 22, do xoves 31 de xaneiro de 2019, procédese a efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 6452, artigo 14.1.b), onde di: «b) A porcentaxe máxima de axuda para os proxectos de investimento non produtivo poderá ascender ao 100 % dos custos dos gastos subvencionables do proxecto cando a operación responda aos seguintes criterios: interese colectivo, beneficiario colectivo e acceso público aos seus resultados.», debe dicir: «b) A porcentaxe máxima de axuda para os proxectos de investimento non produtivo poderá ascender ao 100 % dos custos dos gastos subvencionables do proxecto cando a operación responda aos seguintes criterios: interese colectivo, beneficiario colectivo e acceso público aos seus resultados. O importe máximo de axuda para este tipo de proxectos será de 200.000 € por beneficiario e convocatoria.».
Na páxina 6460, artigo 20.1.c), onde di: «No caso de entidades públicas de carácter local, deberá achegarse un certificado do secretario do concello ou do órgano competente na entidade local de que se trate conforme que o IVE soportado non é recuperable e a entidade ten a condición de suxeito pasivo, de acordo...», debe dicir: «No caso de entidades públicas de carácter local, deberá achegarse un certificado do secretario do concello ou do órgano competente na entidade local de que se trate conforme que o IVE soportado non é recuperable e a entidade non ten a condición de suxeito pasivo, de acordo ...».