Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11354

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Ourense, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, segundo o disposto na disposición adicional terceira da Orde do 30 de abril de 2018.

Crédito orzamentario: 46.188,48 euros (corenta e seis mil cento oitenta e oito euros con corenta e oito céntimos), para o ámbito provincial.

Crédito orzamentario total da convocatoria 387.955.54 euros (trescentos oitenta e sete mil novecentos cincuenta e cinco euros con cincuenta e catro céntimos).

Aplicación orzamentaria: 12.05.313A.481.0.

Código do procedemento: BS306B.

Código de proxecto: 2015 00528.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Ourense, 12 de febreiro de 2018

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida (€)

2018/002-3

Constrúe o teu futuro

G32122376

Asociación Cultural Os Tres Reinos

4.893,00

2018/003-3

Arteverán

G32122384

Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

675,00

2018/004-3

Dinamización e ocio formativo no medio rural

G32345274

Asociación Cultural Os Tres Reinos

5.000,00

2018/005-3

Equipo Raiceir@s

G32378960

Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir

4.980,00

2018/006-3

O folclore como mecanismo de inclusión social e convivencia da xuventude

G32224198

Agrupación folclórica Queixume dos Pinos

4.982,50

2018/007-3

Trisquel

G32025405

Asociación Xuvenil Amencer

2.082,00

2018/008-3

Ocio, Lecer e Xuventude

G32270423

Asociación Xuvenil Os Gaiteiros

4.764,00

2018/009-3

Mozos e Mozas Múltiples

G32209983

Aodem (Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, ELA)

2.331,98

2018/010-3

Xestionemos o noso tempo de lecer

G32410797

ADO (Asociación de Persoas con Discapacidade)

5.000,00

2018/012-3

Aprendo, Emprendo

G32466187

Asociación Grupo Scout Ilex

5.000,00

2018/013-3

Xuventude emprendedora na reserva Xurés-Gerês

G32469694

Asociación Xuvemprende

5.000,00