Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11352

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial en virtude da Orde do 30 de abril de 2018, pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 17 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa/s: Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís de ámbito provincial ou inferior, correspondendo a súa resolución á xefa territorial da Consellería Política Social.

Crédito orzamentario: trescentos oitenta e sete mil novecentos cincuenta e cinco euros con cincuenta e catro céntimos (387.955,54 €), dos que trinta e nove mil oitocentos dezaoito euros con sesenta e seis céntimos (39.818,66 €) corresponden á provincia da Coruña.

Aplicación orzamentaria: 12 05 313A 481.0.

Código de proxecto: 2015 00528.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras, de ámbito provincial ou inferior, e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Número de expediente

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida

2018/001-1

Coeducación e igualdade na xuventude

G15404403

Agrupación Xuvenil Brigantium

5.000,00 €

2018/002-1

Scouts na aventura

G15065451

Asociación Diocesana de Escultismo de Santiago de Compostela

3.750,00 €

2018/008-1

A mocidade xorda rompendo barreiras

G15041551

Asociación de persoas xordas de Santiago de Compostela

1.457,00 €

2018/009-1

Downízate: Cultura e ocio inclusivos

G15731466

Asociación Down Coruña

4.659,47 €

2018/018-1

Deporte inclusivo SporTod@s

G15161573

Asociación sociocultural ASCM

4.838,68 €

2018/020-1

Cultura Natural

G15409063

Escola de Tempo Libre Néboa

4.715,00 €

2018/021-1

Dinamización da mocidade rural ao redor do patrimonio gastrocultural

G15058977

Asociación EFA Piñeiral

5.000,00 €

2018/022-1

Mercadonoso

G15059876

Asociación EFA Fonteboa

4.930,00 €

2018/023-1

Alumnos Cerveceiros desde 2017

G70300736

Asociación cultural deportiva xuvenil De Ser

4.977,85 €