Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 16 de outubro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra a clasificación do monte denominado Fenteira ou Chibadeiro, solicitado a favor dos veciños de Asperelo, na parroquia de San Martiño de Asperelo do concello de Rodeiro (Pontevedra).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 206, do 29 de outubro de 2018, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 47.353, no feito primeiro, onde di:

«... Por medio desta resolución acordouse clasificar a parcela 1.138 do polígono 120 cunha cabida de 34,5314 ha, e non clasificar a parcela 1.153 do polígono 120».

Debe dicir:

«Por medio desta resolución acordouse clasificar a parcela 1.138 do polígono 120 cunha cabida de 2,673 ha aproximadamente, e non clasificar a parcela 1.153 do polígono 120, na parroquia de San Martiño de Asperelo (Rodeiro)».