Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11513

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 35, do 19 de febreiro de 2019, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 10225, no punto 3.5, onde di: «O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais», debe dicir: «O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días».

Na páxina 10234, no anexo II, provincia de Ourense, localidade Ourense, Celga 2; e na páxina 10235, no anexo II, provincia de Pontevedra, localidade Pontevedra, Celga 4, e localidade Vigo, Celga 2 e Celga 3, nas datas dos cursos, onde di: «2018», debe dicir: «2019».