Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11511

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Premio Comunicar en Igualdade para o ano 2019.

BDNS (identif.): 440653.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias dos premios previstos nesta convocatoria os/as profesionais do xornalismo e o alumnado universitario, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Segundo. Obxecto

O premio ten por obxecto recoñecer e recompensar traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero (código do procedemento SI437B).

O Premio Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:

a) Premio para profesionais do xornalismo.

b) Premio para o alumnado universitario.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Premio Comunicar en Igualdade para o ano 2019.

Cuarto. Importe

A contía dos premios será:

a) Premio para profesionais do xornalismo:

– Un primeiro premio que terá unha dotación económica de seis mil euros (6.000 €).

– Un segundo premio cunha dotación económica de tres mil euros (3.000 €).

– Un terceiro premio cunha dotación económica de dous mil euros (2.000 €).

b) Premio para alumnado universitario:

– Un primeiro premio que terá unha dotación económica de catro mil euros (4.000 €).

– Un segundo premio cunha dotación económica de dous mil euros (2.000 €).

– Un terceiro premio cunha dotación económica de mil euros (1.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación das bases e da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 16 de setembro de 2019.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade