De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentarse recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato siguiente. O pagamento realízase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado plazo, procederase á súa exacción pola vía de constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
Lugo, 12 de febreiro de 2019
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-S-12/2018.
Denunciado: Miguel Silva López.
Establecemento: Café-bar Ángelus.
Enderezo: rúa Falcón, 15.
Localidade: Lugo.
Precepto infrinxido: artigo 35.g) da Lei 7/2011.
Tipo de infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011.
Cualificación: leve.
Resolución: 3 de xaneiro de 2019.
Sanción: multa de cen euros (100,00 €).