Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de febreiro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 18 de decembro de 2018 ditada no expediente sancionador LU-S-13/2018, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentarse recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato siguiente. O pagamento realízase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De no efectuarse o ingreso no citado plazo, procederase á súa exacción pola vía de constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Lugo, 12 de febreiro de 2019

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-13/2018.

Denunciado: Manuel Lima de Sa.

Establecemento: Bar Pub Stop.

Enderezo: rúa Calvo Sotelo, 138.

Localidad: Sarria.

Precepto infrinxido: artigo 35 alíneas g) e m) da Lei 7/2011.

Tipo de infracción: artigo 109.2 alínea a) da Lei 7/2011.

Calificación: leve.

Resolución: 18 de decembro de 2018.

Sanción: multa de douscentos euros (200,00 €).