Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12137

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 22 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía, para as persoas residentes en Venezuela, Arxentina e Uruguai, o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2019.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para as persoas residentes en Venezuela, Arxentina e Uruguai rematará o 20 de marzo de 2019.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración