Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12138

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2019 polo que se aproba a relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección da Presidencia da Xunta de Galicia.

A aprobación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección da Presidencia da Xunta de Galicia xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais, así como na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir ( DOG núm. 90, do 11 de maio de 2017).

En consecuencia, por proposta da Presidencia da Xunta de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de febreiro de 2019, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección da Presidencia da Xunta de Galicia, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PX.101.00.001.15770.005

Xefatura Sección de Coordinación

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Información estratéxica para a toma de decisións do presidente da Xunta de Galicia.

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

PX.101.00.001.15770.010

Porteiro/a maior

• Posto situado na residencia oficial do presidente. O desenvolvemento do posto supón:

Especial responsabilidade por acceso a información reservada.

PX.101.00.001.15770.011

Porteiro/a maior

• Posto situado na residencia oficial do presidente. O desenvolvemento do posto supón:

Especial responsabilidade por acceso a información reservada.

PX.101.00.002.15770.005

Xefe Servizo Persoal e Asesoramento

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Responsabilidade directa dos rexistros ou arquivos que conteñan información sobre actividades do presidente da Xunta de Galicia.

PX.101.00.002.15770.020

Xefe Servizo Apoio Técnico

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Responsabilidade directa dos rexistros ou arquivos que conteñan información sobre actividades do presidente da Xunta de Galicia.

PX.101.00.002.15770.028

Xefe Servizo Planific. Análise e Xest. Económica

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Actividades do presidente da Xunta de Galicia.

Información estratéxica para a toma de decisións do presidente da Xunta de Galicia.

PX.101.00.002.15770.029

Xefe Sección Análise e Xestión Económica

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Actividades do presidente da Xunta de Galicia.

Información estratéxica para a toma de decisións do presidente da Xunta de Galicia.

PX.101.00.002.15770.030

Xefe Negociado Análise, Documentación e Habilitación

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Actividades do presidente da Xunta de Galicia

Información estratéxica para a toma de decisións do presidente da Xunta de Galicia.

PX.201.00.000.15770.022

Xefatura Sección Apoio Técnico e Habilitación

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Información estratéxica para a toma de decisións do presidente da Xunta de Galicia.

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

PX.201.00.001.15770.014

Servizo de Estudos e Coordinación de Medios

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Información estratéxica para a toma de decisións do presidente da Xunta de Galicia.

PX.499.40.501.36001.001

Director/a Centro de Tecnificación Deportiva

• Especial responsabilidade por dirixir un centro con características singulares.

Centro en que están internadas persoas en formación.

Centro en que se desenvolven proxectos que poden supoñer unha vantaxe competitiva para Galicia.

PX.499.40.501.36001.002

Subdirector/a

• Especial responsabilidade por dirixir un centro con características singulares.

Centro en que están internadas persoas en formación.

Centro en que se desenvolven proxectos que poden supoñer unha vantaxe competitiva para Galicia.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 28 de febreiro de 2019, relativo á aprobación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección da Presidencia da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file