Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12152

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúen as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que lles facilitarán a súa inserción laboral. Este real decreto modificouse mediante os reais decretos 1675/2010, do 10 de decembro, e 189/2013, do 15 de marzo, e posteriormente desenvolvido na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

Para adecuar a normativa autonómica á lexislación estatal publícase a Orde da Consellería de Traballo e Benestar, do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta orde é un instrumento fundamental das políticas activas de emprego que favorece a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións, convocará probas de avaliación polo menos unha vez ao ano, mediante a publicación dunha resolución onde se concretarán todos os aspectos do procedemento. O Instituto Galego das Cualificacións terá as funcións de coordinación, xestión e desenvolvemento das probas na nosa comunidade autónoma.

De conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 7 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, concretando no artigo 5 os órganos superiores e de dirección da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Este decreto modificouse, parcialmente, polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro.

O Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, dispón no seu artigo 49 que será a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral a que terá as funcións en materia de expedición de certificados de profesionalidade ou da acreditación parcial acumulable correspondente.

De conformidade co exposto, procede agora convocar un novo proceso de probas de avaliación para o ano 2019.

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR306A).

Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.

Artigo 2. Competencias clave que se convocan

1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

• Comunicación en lingua galega.

• Comunicación en lingua castelá.

• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

• Competencia matemática.

2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.

Artigo 3. Requisitos de acceso á formación de certificados de profesionalidade

O artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 establece os requisitos para acceder á formación dos certificados de profesionalidade.

No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional.

Artigo 4. Exencións e validacións ás probas de avaliación

No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentos de presentarse a esta proba as persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV.

No anexo V desta resolución establécense as validacións por ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se convocan.

Artigo 5. Presentación de solicitudes e prazo

1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.

2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 29 de marzo de 2019.

3. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365). Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https.//sede.xunta.gal./chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html).

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presenciamente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. As persoas interesadas con discapacidade recoñecida cun grao igual ou superior ao 33 %, no caso de solicitaren adaptacións, teñen que indicalo na solicitude de inscrición no recadros do bloque de persoas con algunha discapacidade.

Artigo 6. Documentación

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) No caso de identificación co pasaporte en vigor hai que achegar a súa copia.

b) No caso de ter recoñecida a discapacidade por outra comunidade autónoma, cun grao igual ou superior ao 33 %, e que solicitan algún tipo de adaptación das especificadas na solicitude, deberán achegar o certificado de grao de discapacidade e o informe da procedencia das adaptacións solicitadas pola dita comunidade, agás que solicitase o traslado do seu expediente a esta comunidade autónoma.

1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

2. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. Os interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia, aducir alegacións e presentar documentos ou outros elementos de xuízo.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI o NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de grao de discapacidade da persoa solicitante emitido pola Xunta de Galicia, cando sexa de aplicación.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 8. Relación provisional e definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas

1. A relación provisional das persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, publicaraa o Instituto Galego das Cualificacións na páxina web (http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, segundo o establecido no calendario previsto que figura no anexo II desta resolución.

2. As persoas inscritas poderán formular contra esta relación provisional de admitidos/as e excluídos/as as oportunas reclamacións, que se dirixirán ao Instituto Galego das Cualificacións no prazo de 4 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da lista provisional de admitidos.

3. A relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas será publicada na páxina web (http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, segundo o establecido no calendario previsto que figura no anexo II desta resolución.

4. A publicación tanto das listas provisionais como das definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso terán os efectos de comunicación ás persoas solicitantes e reclamantes, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

5. Contra a relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas poderase interpor recurso de alzada, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

Artigo 9. Realización das probas de avaliación en competencias clave

1. O lugar de realización das probas de avaliación en competencias clave será exposto na páxina web (http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html) da Consellería de Economía, Emprego e Industria. O calendario da convocatoria inclúese no anexo II desta resolución.

2. O/a candidato/a realizará unha proba por cada unha das competencias clave convocadas nas cales se inscribise. A duración da proba en cada competencia clave é dunha hora.

3. Todas as persoas candidatas deberanse presentar no horario que figura no anexo II para ser chamadas por orde alfabética en chamamento único. Para realizar as probas de avaliación nas distintas competencias claves poderanse ditar instrucións específicas na orde de chamada das persoas admitidas nelas; as ditas instrucións serán publicadas na páxina web (http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html) da Consellería de Economía, Emprego e Industria como mínimo 3 días antes da data de realización das probas.

4. Para a realización das probas as persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade, do número de identificación de estranxeiros ou do pasaporte. Tamén deberán levar bolígrafo de tinta de cor azul ou negra.

Nas probas de competencia matemática poderase acudir con calculadora.

5. O exame das competencias clave en matemáticas estará redactado en galego e castelán; os exames de comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelá e de comunicación en lingua inglesa estarán redactados na lingua obxecto da proba.

6. Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen as probas con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

7. As persoas participantes nas probas terán cuberto o risco de accidente derivado da asistencia a estas.

Artigo 10. Comisións de avaliación

1. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, por proposta da directora do Instituto Galego das Cualificacións, nomeará unha comisión de avaliación para as probas de competencias clave de nivel 2 e unha comisión de avaliación para as probas de competencias clave de nivel 3, que terán como sede o Instituto Galego das Cualificacións (Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela).

2. Á vista do número de persoas inscritas nas probas poderase ampliar o número de comisións de avaliación. Así mesmo, poderase incorporar ás comisións de avaliación o número de vixiantes e correctores/as que se considere necesario.

3. No caso de nomear avaliadores/as auxiliares, estes formarán parte das comisións de avaliación para a realización das probas.

Artigo 11. Resultados da avaliación das probas

1. Os resultados da avaliación das probas estarán accesibles para as persoas que as realizaron nas listaxes provisionais que se poderán consultar na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria segundo o calendario previsto que figura no anexo II desta resolución. Estes resultados provisionais terán efectos de comunicación para todas as persoas participantes.

2. O resultado de apto suporá a superación da proba na correspondente competencia clave e o dereito do interesado ou da interesada a que se lle expida un documento acreditativo que certificará o resultado obtido segundo establece o artigo 9 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

Artigo 12. Reclamación contra as cualificacións

1. Contra a cualificación obtida poderase presentar reclamación por escrito dirixida ao presidente ou presidenta da Comisión, no prazo de 4 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das cualificacións, no Rexistro da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no Rexistro Xeral da Xunta de San Caetano (ambos en Santiago de Compostela), así como por calquera das formas establecidas na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. A publicación das listas definitivas de cualificacións terán efectos de comunicación ás persoas reclamantes, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

3. Contra a cualificación definitiva poderase interpor recurso de alzada, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade

1. A Subdirección Xeral das Cualificacións baixo a dependencia xerárquica da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral segundo o artigo 58 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, será a unidade encargada da expedición e rexistro dos certificados de profesionalidade.

2. Para estes efectos, para aqueles casos en que se superaron todos os módulos correspondentes a un certificado de profesionalidade, publicado a partir do 19 de xaneiro de 2008, e non puideron obter o diploma oficial do certificado de profesionalidade por non posuír a competencia en comunicación en lingua galega, poderán solicitar a acreditación oficial do correspondente certificado de profesionalidade, sempre que cumprisen no seu momento con algún dos requisitos formativos de acceso referidos no anexo III desta resolución.

Disposición adicional única. Información básica sobre protección de datos persoais.

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería de Economía, Emprego e Industria, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario de anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/información-xeral-protección-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme ao descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos o retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/protección-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a directora do Instituto Galego das Cualificacións para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

missing image file
missing image file

ANEXO II

Calendario do procedemento

Datas

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de marzo de 2019

Publicación da lista provisional de admitidos

30 de abril de 2019

Presentación de alegacións

Ata o 7 de maio de 2019

Publicación da lista definitiva de admitidos

22 de maio de 2019

Realización das probas:

Competencias clave de nivel 2

Competencias clave de nivel 3

Os dous niveis o sábado día 25 de maio de 2019

Publicación dos resultados provisionais das probas

21 de xuño de 2018

Presentación de reclamacións

Ata o 27 de xuño de 2019

Publicación dos resultados definitivos das probas

11 de xullo de 2019

Lugar e horarios das probas

– Na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicarase o lugar de realización das probas.

– A distribución para a entrada dependerá do número de competencias clave nas que fosen admitidos.

– As listaxes de acceso estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria e nos paneis informativos situados para tal efecto no lugar onde se realicen as probas.

– Todos os candidatos deberán presentarse á hora indicada para ser chamados por orde alfabética.

Competencia clave

Día 25 de maio de 2019

Chamamento único

Matemáticas

Sesión de mañá

Nivel 2

9.00 horas

Lingua castelá

Lingua galega

Lingua estranxeira (Inglés)

Matemáticas

Sesión de tarde

Nivel 3

15.30 horas

Lingua castelá

Lingua galega

Lingua estranxeira (Inglés)

ANEXO III

Requisitos de acceso a certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional

A Orde do 7 de xaneiro de 2014 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro) establece no seu artigo 2 os requisitos que as persoas aspirantes deberán cumprir para acceder á formación dos certificados elaborados con base no Catálogo nacional de cualificacións profesionais (CNCP).

Nivel 2

Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2, considérase que posúen a formación básica necesaria as persoas que acrediten posuír as seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

a) Certificado de profesionalidade de nivel 2.

b) Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.

c) Título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria (LOE).

d) Título de graduado ou graduada en educación secundaria (LOXSE).

e) Título profesional básico (Real decreto 127/2014).

f) Superar os módulos obrigatorios dun Programa de cualificación profesional inicial (PCPI).

g) Superar un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao medio en centros públicos ou privados autorizados pola Administración educativa.

h) Ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

i) Requisito académico de acceso a ciclos formativos de grao medio.

j) Título de técnico auxiliar (FP1).

k) Título de técnico (ciclo formativo de grao medio).

l) 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes entre os cursos de 1º e 2º de BUP.

m) 2º curso do primeiro ciclo experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

n) Título de técnico deportivo.

o) Título de técnico de artes plásticas e deseño.

p) Oficialía industrial.

q) Título de técnico militar.

r) Tres cursos comúns do plan de 1963 ou 2º curso de comúns experimental, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.

s) Dous cursos comúns do plan experimental do ano 1984 (artes aplicadas e oficios artísticos).

t) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.

u) Ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta resolución.

v) Outros estudos declarados equivalentes para os efectos académicos con algún dos anteriores.

w) Calquera titulación, certificación ou acreditación que dea acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 3 de cualificación.

Nivel 3

Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 3, considérase que posúen a formación básica necesaria, as persoas que acrediten posuír as seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

a) Certificado de profesionalidade de nivel 3.

b) Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.

c) Título de bacharel LOE.

d) Título de bacharel LOXSE.

e) Título de bacharel expedido tras cursar o antigo bacharelato unificado e polivalente (BUP).

f) COU.

g) PREU.

h) Segundo curso do bacharelato experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

i) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

j) Título de técnico (ciclo formativo de grao medio). Os títulos de FP1 non son equivalentes ao grao medio porque teñen equivalencia só para efectos profesionais, non académicos.

k) Ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

l) Título de técnico superior (ciclo formativo de grao superior).

m) Título de técnico especialista (FP2).

n) Título de perito mercantil.

o) Título de bacharelato laboral superior do plan do ano 1963.

p) Título de técnico superior de artes plásticas e deseño (segundo a especialidade cursada).

q) Título de técnico deportivo superior (segundo a modalidade).

r) Título de mestre ou mestra industrial.

s) Título de graduado ou graduada en cerámica e artes plásticas.

t) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.

u) Ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta resolución.

v) Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores ou estudos superiores a estes.

ANEXO IV

Exencións ás probas de avaliación das competencias clave en comunicación en lingua galega, niveis 2 e 3 de cualificación profesional

Estarán exentos de presentarse ás probas de avaliación na competencia clave de comunicación en lingua galega as persoas aspirantes que presenten algún destes requisitos, segundo o nivel de cualificación profesional correspondente:

Nivel 2

a) Cumprir algún dos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 do anexo III desta resolución.

b) Estar en posesión do certificado Celga 2.

c) Título de graduado escolar, sempre que se estudase toda a EXB en Galicia e se cursase de maneira oficial a materia de Lingua Galega en todos os cursos dos ditos estudos ou ben que se superase a materia de Lingua Galega nas probas libres tendentes a esta titulación.

d) Título de graduado escolar obtido por equivalencia cos estudos da ESO, ao abeiro do anexo I do Real decreto 986/1991, sempre que se cursase e aprobase a materia de Lingua Galega en todos os cursos.

e) Certificado de ter cursada e aprobada en Galicia de maneira oficial a materia de Lingua Galega en todos os cursos da educación primaria e máis en dous cursos da ESO.

f) Certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de Ciencias Sociais e as materias optativas de galego da ESO nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castilla y León, subscrito entre ambas as dúas comunidades.

g) Certificado de ter cursada e aprobada a materia optativa de Lingua Galega en primeiro e segundo de bacharelato do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, sempre que se teñan superadas as materias optativas de Lingua Galega en primeiro, segundo e terceiro da ESO ou se estea en posesión do Celga 1.

h) Certificado de ter cursadas e aprobadas nos sete cursos do nivel primario as materias correspondentes a cada curso de Lingua Galega e Literatura Galega e máis o certificado de ter cursadas e aprobadas nos tres primeiros cursos do nivel secundario as materias correspondentes a cada curso de Lingua e Literatura Galega, xunto coas de Historia e as de Xeografía de Galicia no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires.

i) Certificación oficial de ter superado o nivel intermedio (B1) das ensinanzas de galego da Escola Oficial de Idiomas expedida consonte ao establecido no Decreto 191/2007.

j) Certificado do curso de nivel medio de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia, ata o 1 de setembro de 2007.

k) Certificado do nivel medio dos estudos de Galego da UNED ata o 1 de setembro de 2007.

l) Superar estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta resolución, no relativo á competencia clave de comunicación en lingua galega para o nivel 2.

m) Calquera certificación oficial que acredite ter adquiridos os coñecementos na competencia clave de comunicación en lingua galega de nivel 3 de cualificación.

n) Superar con avaliación positiva unha acción formativa de competencia clave en lingua galega de nivel 2 dentro das especialidades formativas aprobadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

o) Outras acreditacións declaradas equivalentes ou superiores con algunha das anteriores.

Nivel 3

a) Cumprir algún dos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 3 do anexo III desta resolución.

b) Estar en posesión do certificado Celga 3.

c) Título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou técnico auxiliar (FP1), sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase e aprobase de maneira oficial a materia de Lingua Galega en todos os cursos dos ditos estudos (ou, de ser o caso, se se superou a materia de Lingua Galega nas probas libres tendentes á titulación de FP1). Tamén se o título de ESO se obtivo despois de estudar un ano fóra de Galicia, sempre que non sexa o derradeiro.

d) Título de graduado en ESO se o título se obtivo superando o ámbito de comunicación no que estea incluída a materia de Lingua Galega en todos os cursos da educación secundaria para persoas adultas, nas probas libres para a obtención do graduado en ESO realizadas na Comunidade Autónoma de Galicia ou nos módulos formativos de carácter voluntario conducentes ao título de graduado en ESO do Programa de cualificación profesional inicial.

e) Título de graduado en ESO se o título se obtivo superando en Galicia de maneira oficial a materia de Lingua Galega en primeiro e segundo de ESO e o ámbito lingüístico e social –no que estea incluída a materia de Lingua Galega– do Programa de diversificación curricular. Se o alumno ou alumna se incorporou ao Programa de diversificación curricular en cuarto de ESO, deberá ter aprobada a materia de Lingua Galega en 3º de ESO.

f) A equivalencia co título de graduado en ESO por ter estudos parciais do bacharelato unificado polivalente, sempre que se cursase e superase a materia de Lingua Galega de 7º e 8º de EXB a partir do curso 1979/80 e que ningunha das materias que se admite ter pendentes nos dous primeiros cursos do bacharelato sexa de Lingua Galega.

g) Certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de Ciencias Sociais e as materias optativas de galego na ESO e no bacharelato nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e de Castilla y León, subscrito entre ambas as dúas comunidades. Se só se teñen cursadas e aprobadas as materias de bacharelato, poderá obterse tamén a validación do Celga 3 se se acredita estar en posesión do Celga 2.

h) Certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de Lingua e Literatura Galega en 4º e 5º do nivel secundario no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, sempre que se conte co Celga 2 ou coa súa validación.

i) Certificado do ciclo elemental de galego expedido pola Escola Oficial de Idiomas ao abeiro do Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro.

j) Certificación oficial do nivel avanzado (B2) das ensinanzas de galego da Escola Oficial de Idiomas expedida consonte ao Decreto 239/2008, do 25 de setembro.

k) Estar en posesión do certificado de aptitude dos cursos de iniciación de lingua galega (segundo a Orde do 10 de febreiro de 2014).

l) Superar estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta resolución, no relativo á competencia clave de comunicación en lingua galega para o nivel 3.

m) Superar con avaliación positiva unha acción formativa de competencia clave en lingua galega de nivel 3 dentro das especialidades formativas aprobadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

n) Outras acreditacións declaradas equivalentes ou superiores con algunha das anteriores.

ANEXO V

Validacións das competencias clave necesarias para a obtención dos certificados de profesionalidade de nivel II por ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo

Competencia clave

Módulos IV das ensinanzas de secundaria para persoas adultas (Orde do 24 de xuño de 2008)1

Módulos IV das ensinanzas de secundaria para persoas adultas (Orde do 26 de maio de 1997)1

Probas libres para a obtención do graduado en secundaria (Orde do 19 de febreiro de 2009)2

Materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria1

Materias de 2º de BUP

(Lei 14/1970, do 4 de agosto)1

Probas de acceso a ciclos de grao medio (Orde do 2 de decembro de 2008)3

Comunicación en lingua galega

Ámbito de comunicación

Ámbito de comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Lingua Galega e Literatura

Lingua Galega e Literatura

Exención ou superación da parte sociolingüística

Comunicación en lingua castelá

Ámbito de comunicación

Ámbito de comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Lingua Castelá e Literatura

Lingua Española e Literatura

Exención ou superación da parte sociolingüística

Comunicación en lingua estranxeira

Ámbito de comunicación

Ámbito de comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Lingua Estranxeira

--------------------

Competencia matemática

Ámbito científico-tecnolóxico

Ámbito tecnolóxico- matemático

Probas do ámbito científico-tecnolóxico

Matemáticas

Matemáticas

Exención ou superación da parte matemática

1Acreditarase a través de certificación académica expedida por un centro público.

2Acreditarase a través do certificado de superación das probas libres para a obtención do graduado en secundaria.

3Acreditarase a través do certificado de realización das probas de acceso a grao medio.

Nota: estas táboas poderían ter modificacións ou novas validacións ditadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, de ser o caso.

Poderase acreditar a competencia clave de comunicación en lingua estranxeira mediante un certificado oficial que se corresponda como mínimo cun nivel de usuario básico A2 do Marco común europeo para as linguas (MCERL) da lingua estranxeira en cuestión, as súas equivalencias ou algunha das validacións oficiais.

Outras validacións-nivel II

Certificación académica na que conste que superaron todas as materias de 5 cursos do bacharelato do Plan do 1957.

Validacións das competencias clave necesarias para a obtención dos certificados de profesionalidade de nivel III por ter superados estudos de bacharelato e probas do sistema educativo

Competencia clave

Materias de 2º curso de bacharelato1

Materias de COU1

Probas de acceso a ciclos de grao superior2

(Orde do 2 de decembro de 2008)

Competencia en lingua galega

Lingua Galega e Literatura II

Lingua Galega ou Literatura Galega

Superación ou exención de parte común

Competencia en lingua castelá

Lingua Castelá e Literatura II

Lingua Española

Superación ou exención de parte común

Comunicación en lingua estranxeira

Lingua Estranxeira II

Lingua Estranxeira

Superación ou exención de parte específica (opción A)

Competencia matemática

Matemática II ou Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II

Matemática I ou Matemáticas II

Superación ou exención de parte común

1Acreditarase a través de certificación académica expedida por un centro público.

2Acreditarase a través do certificado de realización das probas de acceso a grao superior.

Nota: estas táboas poderían ter modificacións ou novas validacións ditadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, de ser o caso.

Poderase acreditar a competencia clave de comunicación en lingua estranxeira mediante un certificado oficial que se corresponda como mínimo cun nivel de usuario intermedio B1 do Marco común europeo para as linguas (MCERL) da lingua estranxeira en cuestión, as súas equivalencias ou algunha das validacións oficiais.

ANEXO VI

Certificados de profesionalidade con competencias clave en linguas estranxeiras

Código

Certificado de profesionalidade

Lingua estranxeira

Familia profesional: Administración e Xestión

ADGG0108

Asistencia á dirección-nivel 3

Inglés e outra lingua estranxeira

ADGG0208

Actividades administrativas na relación co cliente-nivel 2

Lingua estranxeira

ADGN0208

Comercialización e administración de produtos e servizos financeiros-nivel 3

Lingua estranxeira

ADGN0110

Xestión comercial e técnicas de seguros e reaseguros privados-nivel 3

Lingua estranxeira

Familia profesional: Comercio e Márketing

COML0109

Tráfico de mercadorías por estrada-nivel 3

Inglés

COML0209

Organización do transporte e a distribución-nivel 3

Inglés

COML0210

Xestión e control do aprovisionamento-nivel 3

Inglés

COML0211

Xestión comercial e financeira do transporte por estrada-nivel 3

Inglés

COMM0110

Márketing e compravenda internacional-nivel 3

Inglés e outra lingua estranxeira

COMM0112

Xestión de márketing e comunicación-nivel 3

Inglés

COMT0110

Atención ao cliente, consumidor ou usuario-nivel 3

Inglés

COMT0111

Xestión comercial inmobiliaria-nivel 3

Inglés

COMT0210

Xestión administrativa e financeira do comercio internacional-nivel 3

Inglés

COMT0411

Xestión comercial de vendas-nivel 3

Inglés

COMV0108

Actividades de venda-nivel 2

Inglés

Familia profesional: Hostalaría e Turismo

HOTA0308

Recepción en aloxamentos-nivel 3

Inglés

HOTG0108

Creación e xestión de viaxes combinadas e eventos-nivel 3

Inglés

HOTG0208

Venda de produtos e servizos turísticos-nivel 3

Inglés

HOTI0108

Promoción turística local e información ao visitante-nivel 3

Inglés

HOTR0209

Sumillaría-nivel 3

Lingua estranxeira

HOTR0309

Dirección en restauración-nivel 3

Inglés

HOTR0409

Xestión de procesos de servizo en restauración-nivel 3

Inglés

HOTR0508

Servizos de bar e cafetaría-nivel 2

Inglés

HOTR0608

Servizos de restaurante-nivel 2

Inglés

HOTT0112

Atención a pasaxeiros en transporte ferroviario-nivel 2

Inglés

HOTU0111

Garda de refuxios e albergues de montaña-nivel 2

Lingua estranxeira

Familia profesional: Transporte e Mantemento de Vehículos

TMVO0212

Asistencia a pasaxeiros, tripulacións, aeronaves e mercadorías en

aeroportos-nivel 2

Inglés

TMVO0111

Tripulación de cabina de pasaxeiros-nivel 3

Inglés

Familia profesional: Marítimo-Pesqueira

MAPN0712

Operacións portuarias de carga, estiba, descarga, desestiba e transbordo-nivel 2

Inglés

Familia profesional: Téxtil, Confección e Pel

TCPF0412

Asistencia técnica en loxística dos procesos de externalización da produción téxtil, pel e confección-nivel 3

Inglés

Familia profesional: Seguridade e Medio Ambiente

SEAD0312

Teleoperacións de atención, xestión e coordinación de emerxencias-nivel 3

Inglés

*Poderán engadirse novas especialidades formativas que requiran un módulo de lingua estranxeira.