Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO de corrección de erros, por omisión, no acordo de aprobación definitiva do Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores (Diario Oficial de Galicia número 85, do 3 de maio de 2018).

No acordo de aprobación definitiva do Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores en Oza-Cesuras, adoptado polo Pleno deste concello en sesión do 29 de decembro de 2017, omitiuse na relación de parcelas afectadas a mención á parcela 752 que figura incluída no documento de planeamento.

Co fin de emendar a citada omisión no texto do acordo de aprobación definitiva, o Pleno do Concello de Oza-Cesuras, en sesión que tivo lugar o 2 de novembro de 2018, adoptou o seguinte acordo do cal se transcribe a súa parte dispositiva:

«Primeiro. Rectificar o erro no sentido de emendar a omisión da mención da parcela 752 no acordo de aprobación definitiva do citado plan especial, adoptado polo Pleno deste concello en sesión do pasado 29 de decembro de 2017, do xeito seguinte. Onde di: “Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores. Lugar de Porzomillos, pol. 506, parcelas 132, 751, 753, 1009, 1010, 1011, parroquia de Porzomillos, concello de Oza-Cesuras, promovido por instancia de Lucus Residencial, S.L. …”, debe dicir: “Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores. Lugar de Porzomillos, pol. 506, parcelas 132, 751, 752, 753, 1009, 1010, 1011, parroquia de Porzomillos, concello de Oza-Cesuras, promovido por instancia de Lucus Residencial, S.L. ...”.

Segundo. Publicar a emenda anteriormente indicada no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña e dar traslado dela á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio para o seu coñecemento e para os efectos oportunos».

Oza-Cesuras, 8 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (21.12.2018)
Andrés Taboada Marante
Alcalde en funcións