Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, por concurso específico de méritos, do posto de traballo de xefe de sección de Servizos Sociais.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña do 30 de xaneiro de 2019, publícanse as bases específicas para a provisión por concurso específico de méritos do posto de traballo de xefe de sección de Servizos Sociais.

O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Alcaldía 28.6.2017)
María Rozas Pérez
Concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración