Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12494

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 19 de febreiro de 2019 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Industria Forestal.

O artigo 10 do Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, crea o Consello Reitor como órgano colexiado de goberno da Axencia.

O punto 2 do artigo 13 do referido decreto regula a composición deste consello reitor e dispón o seguinte:

a) Presidente/a: a persoa titular da Presidencia da Axencia.

b) Vicepresidente/a: a persoa titular da Dirección da Axencia.

c) Nove vogais, nomeados/as pola persoa titular da consellería de adscrición:

• Dous/dúas vogais representarán a consellería competente en materia de economía e serán designados por esta entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

• Dous/dúas vogais representarán a consellería competente en materia de medio rural e serán propostos por esta entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

• Dous/dúas vogais representarán a consellería competente en materia de ambiente e ordenación do territorio, e serán propostos por esta entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

• Un/unha vogal en representación da consellería competente en materia de facenda, e será proposto/a por esta entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

• Dous/dúas vogais representarán as corporacións locais e serán propostos pola Fegamp.

Na Orde do 11 de outubro de 2017 (DOG núm. 197, do 17 de outubro) nomeáronse vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Industria Forestal, unha vez feitas as propostas por parte das respectivas persoas titulares das consellerías correspondentes:

a) En representación da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

• Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación (Gain).

• Juan Manuel Cividanes Roger, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) En representación da Consellería do Medio Rural:

• Tomás Fernández-Couto Juanas, director xeral de Ordenación Forestal.

• Miguel A. Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural.

c) En representación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio:

• María Cruz Ferreira Costa, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

• Ana Mª Díaz López, directora xeral de Patrimonio Natural.

d) En representación da Consellería de Facenda:

• Mª del Socorro Martín Hierro, secretaria xeral técnica e do Patrimonio.

e) En representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp):

• Julio Álvarez Núñez, alcalde do Concello de Quiroga.

• Pablo Pérez Pérez, tenente alcalde do Concello de Quintela de Leirado.

O cambio na persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural polo Decreto 114/2018, do 4 de outubro, polo que se nomea directora xeral de Patrimonio Natural a Belén María do Campo Piñeiro, a recente creación da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e o nomeamento da persoa titular desta polo Decreto 154/2018, do 5 de decembro, polo que se nomea director xeral de Planificación e Ordenación Forestal a José Luis Chan Rodríguez, puxeron de manifesto a necesidade de actualizar os membros do Consello Reitor da Axencia Galega da Industria Forestal.

En virtude do anterior, unha vez feitas as propostas por parte das respectivas persoas titulares da Consellería do Medio Rural e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 12 do Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos,

DISPOÑO:

Cesar como vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Industria Forestal as seguintes persoas:

a) En representación da Consellería do Medio Rural: Tomás Fernández-Couto Juanas.

b) En representación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: Ana Mª Díaz López.

Nomear como vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Industria Forestal as seguintes persoas:

a) En representación da Consellería do Medio Rural: José Luis Chan Rodríguez, director xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

b) En representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Belén María do Campo Piñeiro, directora xeral de Patrimonio Natural.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria