Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12618

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019.

BDNS (Identif.): 441988.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, as cales non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico, destinadas a particulares, para o exercicio 2019, que se xuntan a esta resolución como anexo I (código do procedemento IN421P).

2. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2019 que se xuntan a esta resolución como anexos II a VIII.

3. Convocar para o ano 2019, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas a proxectos de enerxías renovables para usos térmicos. As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude e ata o esgotamento do crédito, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover proxectos que fomenten a xeración e aproveitamento de enerxía procedente de fontes renovables que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, poidan levarse adiante en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de maneira continuada.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, para uso térmico, para o ano 2019.

Cuarto. Contía

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2019 e imputaranse ás aplicacións orzamentarias 09.A2.733A.780.1, 09.A2.733A.780.2 e 09.A2.733A.780.3 ascendendo o importe total asignado a esta convocatoria a 2.506.000 €.

O crédito máximo segundo tipoloxía de proxectos será o seguinte:

Anualidade 2019

Aplicación orzamentaria

Biomasa (excluída tipoloxía B2-B3 en zonas non densamente poboadas)

1.000.000 €

09.A2.733A.780.1

Xeotérmica

956.000 €

09.A2.733A.780.2

Aerotérmica

500.000 €

09.A2.733A.780.3

Solar térmica

50.000 €

09.A2.733A.780.3

O crédito máximo recollido na táboa anterior poderá ser redistribuído se pasados dous meses desde a apertura do prazo de solicitudes nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles, e noutra das epígrafes existe listaxe de espera.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior a que se determine na presente convocatoria.

O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 31.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios fixados nestas bases.

De producirse a ampliación de crédito publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo para resolver.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento. Estas serán seleccionadas mediante un procedemento sometido aos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación, que se regula na Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinados a particulares, que se publicará simultaneamente ás bases reguladoras destas axudas.

2. As entidades colaboradoras presentarán as solicitudes de axudas, segundo o modelo do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 8 de abril ás 9.00 horas e finalizará o 1 de xullo de 2019.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia