Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12634

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (68/2016).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de María Marcia Sabino de Oliveira fronte a Luis Miguel Morais do Nascimento Lopes se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza de divorcio:

Sentenza nº 161/19.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 6 de febreiro de 2019.

Vistos os presentes autos nº 68/2016 sobre divorcio, promovidos polo procurador Sr. Baltar, en nome e representación de María Marcia Sabino de Oliveira como demandante, asistida polo letrado Sr. Iglesias, fronte a Luis Miguel Morais do Nascimento Lopes, declarado en rebeldía.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O procurador Sr. Baltar, en nome e representación de María Marcia Sabino de Oliveira, presentou demanda de divorcio fronte a Luis Miguel Morais do Nascimento Lopes na cal, despois de alegar os feitos e fundamentos de dereito que considerou oportunos, terminou suplicando que, tras os trámites legais oportunos, se ditase no seu día sentenza cos seguintes pronunciamentos:

1º. Que se decrete o divorcio do matrimonio formado por María Marcia Sabino de Oliveira e Luis Miguel Morais do Nascimento Lopes, coas medidas inherentes a tal pronunciamento e as medidas que solicita no seu suplico.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, emprazouse o demandado en legal forma, que tivo que ser citado mediante edictos, non contestou a demanda e foi declarado rebelde.

Terceiro. A parte demandante non solicitou a celebración de vista.

Na tramitación deste procedemento observáronse todas as prescricións legais.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Código civil prevé, no artigo 85, como causa de disolución do vínculo matrimonial o divorcio, para a continuación recoller, no artigo 86, cando se decretará xudicialmente o divorcio, artigo recentemente modificado pola Lei 15/2005, do 8 de xullo, pola que se modifican o Código civil e a Lei de axuizamento civil en materia de separación e divorcio, que dispón que “se decretará xudicialmente o divorcio, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio, por petición dun só dos cónxuxes, de ambos ou dun co consentimento do outro, cando concorran os requisitos e as circunstancias exixidos no artigo 81”, segundo o cal “se decretará xudicialmente a separación, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio: 1º. Por petición de ambos os cónxuxes ou dun co consentimento do outro, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio… e 2º. Por petición dun só dos cónxuxes, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio…”.

No suposto de autos, o demandante acredita que non se produce relación entre as partes e que non se restableceu a convivencia, celebrado o matrimonio o 21.5.2004 e presentado o divorcio o 15.1.2016, polo que o prazo de tres meses que agora dispón a lei, e xa se encontran legalmente separados, se cumpriu sobradamente e concorren os requisitos establecidos na lei para declarar disolto o matrimonio por divorcio dos cónxuxes.

Segundo. En canto ás medidas que afectan o divorcio, non debe resolverse nada máis alá das legais ao non existiren fillos maiores de idade.

Terceiro. Non procede efectuar expresa imposición en custas a ningunha das partes, dada a subxectividade das cuestións que se formulan en materia de relacións interpersoais e da necesidade de acudir aos tribunais para a regulación a todos os niveis da separación e divorcio.

En atención ao exposto,

Resolvo:

Acordo a disolución do matrimonio formado por María Marcia Sabino de Oliveira e Luis Miguel Morais do Nascimento Lopes, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, para o cal se deberá constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe».

E ao estar o dito demandado, Luis Miguel Morais do Nascimento Lopes, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 7 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza