Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12801

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 29 de xaneiro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

En virtude da Resolución do 29 de xaneiro de 2019 (DOG nº 25, do 5 de febreiro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG nº 48, do 8 de marzo).

Posteriormente a persoa aspirante que a seguir se relaciona presentou a súa renuncia aos seus dereitos de participación no referido proceso selectivo.

Tendo en conta o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Excluír da relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

3281****

Ponte Mahía, Juan Carlos

Segundo. Incluír a devandita persoa aspirante na relación definitiva de aspirantes excluídos ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, polo motivo 43 (desistencia da solicitude).

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública