O máster universitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 3 de agosto de 2018 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado, BOE, do 7 de setembro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 29 de agosto de 2018).
Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,
resolvo:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, que se estrutura segundo consta no anexo.
A Coruña, 19 de febreiro de 2019
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela
Código RUCT: 4316445.
Plan de estudos que se inicia no curso 2018/2019.
Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, apartado 5.1).
1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.
2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias (OB) |
27 |
Optativas (OP) |
12 |
Prácticas externas (PE) |
6 |
Traballo fin de máster (TFM) |
15 |
Total |
60 |
3. Contido do plan de estudos.
Disciplina |
Carácter |
Créditos ECTS |
Arquitecturas de Altas Prestacións/High Performance Architectures |
OB |
6 |
Programación Paralela/Parallel Programming |
OB |
6 |
Programación de Arquitecturas Heteroxéneas/Heterogeneous Programming |
OB |
6 |
Infraestruturas de Altas Prestacións/High Performance Infrastructures |
OB |
6 |
Taller de Proxectos/Projects Workshop |
OB |
3 |
Ferramentas para HPC/HPC Tools |
OP |
6 |
HPC na Nube/HPC on the Cloud |
OP |
6 |
Programación Paralela Avanzada/Advanced Parallel Programming |
OP |
6 |
Análise de Datos con HPC/Data Analytics with HPC |
OP |
6 |
Prácticas Profesionais (prácticas externas)/Professional Practices (Internship) |
PE |
6 |
Traballo fin de máster/Final Year Dissertation |
TFM |
15 |
A unidade temporal de todas as disciplinas é cuadrimestral e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre.
4. Condicións de terminación.
O alumnado, para obter o título de máster universitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing, deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, e acreditar un dominio de inglés equivalente ao nivel B1 conforme ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECR).