Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12809

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (611/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 611/2018, por instancia de Susana Viña Gerpe contra Fogasa y Laricar 10, S.L., sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data do 23 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Susana Viña Gerpe fronte á empresa Laricar 10, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal e do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento da traballadora efectuado pola empresa Laricar 10, S.L.

– Condénase a empresa Laricar 10, S.L. á inmediata readmisión da demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, a razón de 45,96 euros diarios.

– Condénase a empresa Laricar 10, S.L. a aboar á traballadora a cantidade de 12.283,15 euros en concepto de cantidades impagadas e xuros do 10 %, así como a cantidade de 525,80 euros en concepto de diferenzas salariais, as cales deberán incrementarse nun 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Laricar 10, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza